Sede electrónica Concello de Malpica de Bergantiños

12:13:51 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de cambio na actividade

A Comunicación Previa de Cambio na Actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades da anterior á nova persoa titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.

Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.

  • Comunicación Previa de Cambio na Actividad.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada, coa autorización escrita de esa última ou copia de poder para actuar en representación.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)
  • Comunicación previa por modificación de actividad:
    • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
    • Declaración asinada por técnico competente de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reunen todas as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
    • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
    • Reportaxe fotográfica.
    • No caso de non realizar obras, xustificante de estar dado de alta na Administración de
      Facenda no epígrafe ou epígrafes correspondentes ás actividades ou servizos obxecto da declaración.
    • Escritura da sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando
      proceda.
    • Documento acreditativo da disponibilidade do local (título de propiedade ou contrato de arrendamento).
    • Presuposto detallado das obras a realizar, cando proceda.
  • Comunicación previa de cambio de titularidad de actividad:
    • Copia del documento justificativo del cambio de titularidad (escritura de propiedad, contrato de alquiler, etc.)
    • Xustificante de estar dado de alta na Administración de Facenda no epígrafe ou epígrafes correspondentes ás actividades ou servizos obxecto da declaración.
    • Escritura da sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando
      proceda.
    • Documento acreditativo da disponibilidade do local (título de propiedade ou contrato de arrendamento).
    • Presuposto detallado das obras a realizar, cando proceda.
    • Fotografías do interior do local e fachada, cando se pretendan realizar obras.

Nome: Comunicación Previa de Cambio na Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.