Sede electrónica Concello de Malpica de Bergantiños

11:10:08 Luns 3 de agosto 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de reserva de instalacións

O procedemento de "solicitude de reserva de instalacións" ten por obxecto a xestión das solicitudes de reserva de instalacións municipais por parte da cidadanía.

Instalacións dispoñibles para solicitude:

  • Pavillón Polideportivo.

O uso das instalacións solicitadas farase conforme ao regulamento correspondente (ver Normas Básicas de Uso de instalacións).

Calquera persoa física ou xurídica que desexe reservar unha instalación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática podrá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Indicar na solicitude a instalación que desexa reservar.

  • Solicitude de reserva de instalacións municipais.
  • Certificado federativo (equipos e atletas federados). En caso de reserva para equipos deportivos e atletas federados, é necesario o certificdo federativo, no que se indique o número de equipos inscritos, ou número de licenzas tramitadas, con independencia de que se trate de deporte colectivo ou individual.
  • Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de reserva de instalacións municipais.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou jurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal nº 13.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.