Sede electrónica Concello de Malpica de Bergantiños

11:01:15 Luns 3 de agosto 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de movementos de terra e muros de contención

A Solicitude de Licenza de Movementos de Terra e Muros de Contención deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os muros de contención de terras.
  • Os grandes movementos de terras e as explanacións.

(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de movementos de terra e muros de contención.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitud de licencia de movementos de terras e muros de contención.
  • Xustificación do pago de tributos que establecen as ordenanzas fiscais.
  • Proxecto técnico, asinado por técnico competente e co visado colexial nos casos previstos na lexislación vixente. 
  • Fotografías da parcela, ou do ámbito afectado pola obras.
  • Nomeamentos de técnicos directores de obra e coordinador de seguridade e saúde, no seu caso. 
  • Localización sobre plano catastral da parcela coa referencia catastral completa.
  • Folla de Estatística de Vivenda e de Edificación ( en caso de obras de edificación).
  • Copia de autorizacións sectoriais ( de ser legalmente esixibles, augas, estradas, ...)
  • Copia da solicitude de ocupación de vía pública, no caso de ser necesaria.
  • Compromiso de conexión cos servizos cando estos se impranten, no seu caso.

Nome: Solicitud de Licenza de Movementos de Terra e Muros de Contención.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.