Sede electrónica Concello de Malpica de Bergantiños

10:33:34 Luns 3 de agosto 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de actividade

Será precisa a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica para (art. 41 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia):

a) A apertura de establecementos abertos ao público cun aforo superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas ao establecemento aberto ao público.
c) A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.
d) A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que haxan de dispor de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.
e) A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza.
f) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica.
g) A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de licenza ou autorización

Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público en que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable.

Con anterioridade á apertura do establecemento público ou ao inicio do espectáculo público ou actividade recreativa, quen exerza a súa titularidade ou as persoas encargadas da súa organización.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitud de Licencia de Actividad
  • En el caso de actuar en representación, copia de los documentos de identidad del representante y el solicitante, con la autorización escrita de ese último o copia de poder para representarlo.
  • Proxecto técnico, entendido como o conxunto de documentos que definen as actuacións que se van a desenvolver, co contido e detalle que lle permitirá á Administaración coñecer o obxecto delas e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. O proxecto que se presente incluirá o contido mínimo previsto pola normativa sobre prevención e seguridade en materia de incendios, deberá estar asinado por técnico competente e deberá conter os datos e requisitos da normativa específica sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación aos proxectos constructivos e de actividades.
  • Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen ao proxecto técnico a que fai referencia a liña anterior.
  • Declaración da persoa titular ou organizadora, se é o caso, onde faga constar o compromiso de contratación dos seguros previstos na Lei 9/2013.
  • Documentación requerida pola normativa de ruidos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións e , en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades que se van a desenvolver nel.
  • Documento acreditativo da designación, por quen se solicte a licenza, da persoa/s que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, no cal debe constar o nome, o enderezo e a titulación e habilitación profesional da persoa designada.
  • Solicitude de licenza urbanística, se é o caso, acompañada pola documentación requerida pola normativa urbanística.
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos.
  • Xustificante do pago de tributos correspondentes que establezan as ordenanzas fiscais.
  • Xustificante de estar dado de alta na Administración de Facenda no epígrafe ou epígrafes correspondentes ás actividades ou servizos obxecto da declaración.
  • Escritura da sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando proceda.
  • Certificado de seguridade e solidez referido ao local (estructural) e as instalacións, asinado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente. No caso de edificacións cunha antigüidade inferior a 10 anos substituirase necesariamente este documento pola licenza de primeira ocumpación do edificio ou acondicionamento do local.
  • Documento acreditativo da disponibilidade do local (título de propiedade ou contrato de arrendamento).

Nome: Solicitude de Licenza de Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.