Sede electrónica Concello de Malpica de Bergantiños

10:47:09 Luns 3 de agosto 2020
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de primeira ocupación de edificios

A licenza de primeira ocupación acredita que as novas edificacións, unifamiliares ou colectivas, cumpren os requisitos: a) o edificio ou, no seu caso, a urbanización da contorna, realizáronse conforme o proxecto técnico e a licenza concedida; b) reúne as condicións esixidas de seguridade, salubridade e ornamento público; c) o construtor repuxo os elementos e equipamentos urbanísticos que resultaron danados.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de primeira ocupación de edificios.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitud de licencia de primera ocupación de edificios.
  • Xustificación do pago de tributos que establecen as ordenanzas fiscais.
  • Copia cotexada da licenza de obra.
  • Certificado final de obra e memoria e planos de estado final, asinados por técnicos competentes e visado polo colexios oficiais correspondentes.
  • Copia cotexada de escritura de declaración de obra nova e/ou división horizontal.
  • Copia cotexada do xustificante de declaración catastral: bens inmobles de natureza urbana.
  • Documentación fotográfica.
  • Infraestrutura de telecomunicacións: boletín de instalación e protocolo de probas ou certificado fin de obra, no seu caso.
  • Certificado de dirección de obra das instalacións de garaxe asinado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente, no seu caso.
  • Planos de conexión á redes públicas de abastecemento, pluviais, residuais, electricidade e telecomunicacións.
  • Copia cotexada da autorización de vertido de Augas de Galicia, no seu caso.
  • Copia cotexada do recoñecemento e inscripción do aproveitamento de manantiales ou pozos en Augas de Galicia, no seu caso.

Nome: Licenza de primeira ocupación de edificios.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.