Sede electrónica Concello de Malpica de Bergantiños

14:51:46 Xoves 2 de decembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de obra

Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. O promotor dos actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

FACHADAS e CUBERTAS:
-Pintura, revestimentos e acabados de fachadas ou medianeiras.
-Substitución de elementos de fachadas (varandas, molduras, baixantes, canalóns, e outros).
-Reparación ou substitucións de carpintería exterior (que non supoñan alteración substancial da composición exterior).
-Impermeabilización e illamentos en terrazas e patios de edificios.
-Cambio de material de cubrición sen afectar á estructura portante.
-Cambio da cuberta incluso elementos portantes (viguetas prefabricadas, metálicas, correas o similar) sen modificación do volume da construción.

OBRAS INTERIORES:
-Pintura interior dos edificios, renovación ou reparación de revestimentos, alicatados, pavimentos,
teitos, ...
-Reparacións das instalacións de fontanería, saneamento ou calefacción, e de aparatos sanitarios.
-Reparación ou renovación de instalacións de electricidade.
-Cambio ou substitución de carpintería interior.
-Trasdosado de paramentos destinados á mellora do illamento (térmico, acústico, humidades,...)

OUTRAS:
-Edificación de nova construción, que sexan de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica (*).
-Cerramentos de parcela, sempre que non sexan muros de contención de terreos.
-Pavimentos ou soleiras en parcelas edificadas.
-Desbroce e limpeza de parcelas, axardinamento, e movementos de terra de escasa entidade, sempre que non afecte a ningún servizo ou instalación pública nin a conductos xerais, nin se altere a rasante natural do terreo.
-Outras.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Comunicación Previa de Obra.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representarlo.
  • Copia de autorizacións sectoriais ( de ser legalmente esixibles, augas, estradas, ...)
  • Copia da solicitude de ocupación de vía pública, no caso de ser necesaria.
  • Descripción suficiente das características da obra, formada por:
  • Plano de situación catastral e urbanístico, coa situación exacta e acotada da actuación que se pretende realizar, ou indicación da referencia catastral completa.
  • Fotografías da edificación ou parcela, e do interior do local ou vivenda cando sexan interiores.
  • Presuposto detallado da execución material das obras.
  • Descrición das características da obra, materiais e dimensións.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.
  • No caso de OBRAS DE CAMBIO DE CUBERTA e ELEMENTOS PORTANTES ademais o seguinte:
    • Croquis de planta, alzado e sección e esquema constructivo da cuberta.
    • Certificado técnico, asinado por técnico competente, de que as obras que se pretenden realizar cumpren coa normativa urbanística e reúnen as condicións de soidez estructural e seguridade.
    • Fotografías.
  • No caso de OBRAS DE CERRAMENTO DE PARCELA ademais o seguinte:
    • Croquis de planta indicando a distancia é beira do camiñó público e ao eixo do vial.
    • Croquis acotado indicando as alturas do cerramento.
  • No caso de OBRAS DE EDIFICACIÓN DE NOVA CONSTRUCIÓN, QUE SEXAN DE ESCASA ENTIDADE CONSTRUTIVA E SINXELEZA TÉCNICA (*) ademais o seguinte:
    • Croquis da parcela coa posición exacta da actuación indicando as distancias aos lindeiros e onde se representen todas as edificacións existentes na parcela sinalando os usos e superficies.
    • Croquis acotado de planta, alzados, sección e detalle constructivo.
    • Memoria descriptiva con indicación expresa do uso ao que se pretende destinarse.
    • Certificado técnico, asinado por técnico competente, de que as obras que se pretenden realizar cumpren coa normativa urbanística e reúnen as condicións de solidez estructural e seguridade.
    • Outras.

(*) Consideráse obras de nova edificación de escasa entidade constructiva e sinxeleza técnica aquelas que reunan as seguintes condicións:
.Deberá situarse detrás da liña de fachada, e o seu uso será o propio do destino agropecuario da zona, alpendres, adegas, cortes,… así como servicios hixiénicos e garaxes, non permitindose a súa utilización como pezas vivideiras.
.Pode adosarse a edificación principal ou dispoñerse illadas separándoas 4,50 metros cando se teña a previsión de circulación de vehículos ou máquinas entre eles ou 3,00 metros nos demais casos.
.Os materiais de construcción deberán adapatarse ós tradicionais do municipio, polo tanto a parte de fábrica deberá ser axeitadamente revestida ou pintada.
.Altura máxima de cumio: 4 metros.
.Altura máxima de cornisa: 2,30 metros.
.Recuado a lindeiros: 3m, excepcións.
.Ocupación máxima: 2%(SNUT) ou 3%(SNUN) da parcela neta sen sobrepasar 30m2.
.Exclusivamente de planta baixa.
.Que se realicen a base de elementos portantes prefabricados.

Nome: Comunicación Previa de Obra.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.