Sede electrónica Concello de Malpica de Bergantiños

11:14:24 Luns 3 de agosto 2020
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

Deberá especificar se non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

Calquera persoa física que desexe comunicar a apertura dun establecemento ou a posta en marcha dunhas instalacións con destino a calquera uso distinto do de vivenda.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Inicio o Modificación de Actividad.
  • En el caso de actuar en representación, copia de los documentos de identidad del representante y el solicitante, con la autorización escrita de ese último o copia de poder para representarlo.
  • Comunicación previa por modificación de actividad:
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Declaración asinada por técnico competente de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reunen todas as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Reportaxe fotográfica.
  • Xustificante do pago de tributos correspondentes que establezan as ordenanzas fiscais.
  • No caso de non realizar obras, xustificante de estar dado de alta na Administración de Facenda no epígrafe ou epígrafes correspondentes ás actividades ou servizos obxecto da declaración.
  • Escritura da sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando proceda.
  • Documento acreditativo da disponibilidade do local (título de propiedade ou contrato de arrendamento).
  • Presuposto detallado das obras a realizar, cando proceda.
     
  • Comunicación previa para o inicio da actividade:
  • Certificación das obras e das instalacións, conforme estas se executaron dacordo co documento habilitante correspondente, asinada polo técnico director e co visado colexial nos casos previstos na lexislación vixente.
  • Planos de estado final de obra (no caso de variacións na obra executada).
  • Reportaxe fotográfica do local.
  • Documentos xustificativos do cumprimento das condicións do documento habilitante correspondente e da implantación das medidas correctoras previstas para a actividade.
  • Xustificante do pago de tributos correspondentes que establezan as ordenanzas fiscais.
  • Xustificante de estar dado de alta na Administración de Facenda no epígrafe ou epígrafes correspondentes ás actividades ou servizos obxecto da declaración.

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Carácter do silencio administrativo:
Silencio positivo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.