Sede electrónica Concello de Malpica de Bergantiños

10:59:01 Luns 3 de agosto 2020
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de cambio na actividade

A Comunicación Previa de Cambio na Actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades do anterior ao novo titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.

Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.

No caso de traspaso, quen exerza a nova titularidade. No resto dos casos, quen exerza a titularidade da actividade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Cambio na Actividad.
  • En el caso de actuar en representación, copia de los documentos de identidad del representante y el solicitante, con la autorización escrita de ese último o copia de poder para representarlo.

 

  • Comunicación previa por modificación de actividad:
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do
    cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Declaración asinada por técnico competente de que se cumpren todos os requisitos para o
    exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reunen todas as condicións de
    seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa
    de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Reportaxe fotográfica.
  • Xustificante do pago de tributos correspondentes que establezan as ordenanzas fiscais.
  • No caso de non realizar obras, xustificante de estar dado de alta na Administración de
    Facenda no epígrafe ou epígrafes correspondentes ás actividades ou servizos obxecto da
    declaración.
  • Escritura da sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando
    proceda.
  • Documento acreditativo da disponibilidade do local (título de propiedade ou contrato de
    arrendamento).
  • Presuposto detallado das obras a realizar, cando proceda.

 

  • Comunicación previa de cambio de titularidad de actividad:
  • Copia del documento justificativo del cambio de titularidad (escritura de propiedad, contrato de alquiler, etc.)
  • Xustificante do pago de tributos correspondentes que establezan as ordenanzas fiscais.
  • Xustificante de estar dado de alta na Administración de Facenda no epígrafe ou epígrafes
    correspondentes ás actividades ou servizos obxecto da declaración.
  • Escritura da sociedade, poder ou documentación acreditativa da representación, cando
    proceda.
  • Documento acreditativo da disponibilidade do local (título de propiedade ou contrato de
    arrendamento).
  • Presuposto detallado das obras a realizar, cando proceda.
  • Fotografías do interior do local e fachada, cando se pretendan realizar obras.

 

 

Nome: Comunicación Previa de Cambio na Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.