Sede electrónica Ayuntamiento de Malpica de Bergantiños

02:35:03 Martes 3 de diciembre 2024
Estás en:

Información

ALCALDÍA

13/03/2020

BANDO: MEDIDAS E RECOMENDACIÓNS ANTE A PANDEMIA DE CORONAVIRUS

DON WALTER PARDO AÑÓN, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS FAI SABER


MEDIDAS E RECOMENDACIÓNS ANTE A PANDEMIA DE CORONAVIRUS

O 13 de Marzo de 2020 ditouse por esta Alcaldía o Decreto 126/2020 adoptando as seguintes medidas, a fin de garantir a protección da saúde pública.


As presentes medidas aplicaranse dende o día 13 de marzo de 2020 e estarán vixentes ata o día 30 de marzo como mínimo e condicionado á evolución da enfermidade:

- Suspender todas actividades municipais organizadas polo Concello.

- Proceder ao peche de todas as instalacións municipais: biblioteca, pavillón, ximnasio, centros culturais...

- A atención ao público nas dependencias municipais limitarase a causas de urxencia e extrema necesidade, chamando previamente ao teléfono do Concello, 981720001. Tamén se poderán levar a cabo as xestións precisas a través da sede electrónica https://sede.malpicadebergantinos.es/opencms/es

- Suspensións do mercado semanal que se celebra os sábados.


Así mesmo esta Alcaldía recomenda á veciñanza:

- Non levar aos nenos e nenas ao parque infantil.

- Evitar aglomeracións, realizar viaxes e desprazamentos.

- Extremar as medidas de coidado e hixiene persoal.

- Non acudir ao centro de saúde se non é una urxencia, aplazar os controis rutinarios da tensión e solicitar recetas ou resultados de probas vía telefónica.

- Recordar gardar unha distancia co resto de persoas na rúa e especialmente nos lugares cerrados.

- Seguir as instrucións ditadas polas autoridades sanitarias.


Justificantes de Publicación: